Sitemap
Oscar Otero

Oscar Otero

I design and build websites

A web de En marea

3 min readDec 31, 2016

Durante o mes de setembro tiven a oportunidade de colaborar con Numax na campaña electoral de En marea. O traballo de Carlos e Toni consistiu na elaboración da nova marca e a súa aplicación gráfica, e o meu, como é obvio, na páxina web.

Facer unha web para unha campaña electoral sempre é unha experiencia intensa, xa que todo se concentra nas 3–4 semanas anteriores ao día das eleccións, e se o unimos a un partido político que tiña posibilidades de gobernar, pero que viña de conformarse como tal e estreaba imaxe corporativa, o reto era aínda maior.

En marea xa tiña unha web, realizada en wordpress para a anterior campaña e o briefing inicial consistía na creación dun microsite para presentar a candidatura e o programa e utilizar a web existente para o resto de información de campaña. Pero dividir a comunicación dunha campaña electoral en dous sitios distintos non nos parecía boa idea, asi que finalmente optamos por unha única web que incluíse todo, e usar a web que xa tiñan para a información relacionada coa actividade do partido no Congreso (accesible dende congreso.enmarea.gal).

A nova estratexia gráfica pasaba por un uso moi potente da tipografía Qanelas mantendo o mesmo azul intenso da anterior imaxe. Fotos a cor, textos grandes e fondos azuis, buscando sobre todo unha comunicación sinxela, clara e honesta, sen grandes artificios, nin brillantes envoltorios.

A web, obviamente, debía seguir a mesma liña gráfica, pero tamén me parecía importante dispoñer dunha certa flexibilidade. Durante unha campaña electoral pasan infinidade de cousas que se traducen a distintos formatos: un vídeo, un tweet, unha nova, unha ligazón... Todo isto tiña que ter cabida na web.

Get Oscar Otero’s stories in your inbox

Join Medium for free to get updates from this writer.

A solución escollida foi a de conformar unha portada bastante dinámica, que non só servise para a presentación da candidatura e do programa, senón tamén para o día a día da campaña. A parte superior destinouse á imaxe da campaña, centrada sobre todo na figura de Luís Villares, candidato á presidencia; e na parte inferior iríanse colocando as distintas pílulas informativas en forma de ligazón, vídeo ou tweet. A idea, polo tanto era ter nun primeiro momento a información sobre o máis relevante da campaña dese día.

O resto de seccións interiores (novas, axenda, candidatura, etc) xa son as habituais de calquera web electoral, polo que quixemos sobre todo que fosen claras e funcionais.

Press enter or click to view image in full size
Captura da portada a tres semanas das eleccións

A tipografía

Un dos problemas que nos atopamos coa tipografía na web era a visualización que tiña en Windows. Esta foi comprada en MyFonts, que inclúe un xerador de webfonts con distintas opcións. Inicialmente escollín a opción por defecto (tanto en hinting como en line-height era a opción “best”), pero a pesar dese nome tan suxerente, non resultou ser a mellor, xa que a visualización mellorou considerablemente en Windows ao escoller a opción “native”. A lección aprendida foi a de confiar máis nas características propias da tipografía e non tanto no que poida facer un conversor automático.

Press enter or click to view image in full size
Captura da configuración final escollida para xerar a webfont

creative-commons-by-21pxcreative-commons-nd-21px

--

--