Stories by Iván, a.k.a @echeoqhai on Medium
Trump é chungo de carallo.
Resulta que é tan chungo de carallo que nega a certeza do cambio climático e afirma que non pode converterse no grande problema mundial…
Ai, non, que ese foi Mariano Rajoy.
Se non é por iso, Tump é chungo de carallo porque ten un plan para expulsar inmigrantes que foi duramente criticado pola ONU…
Ai, non, que a quen criticou a ONU foi a España.
Pero si que é un chungo de carallo porque é un xenófobo que anda dicindo que os inmigrantes están molestando, roubando e delinquindo porque hai unhas leis permisivas.
Ai, non, que quen dixo iso foi García Albiol.
Se non é por iso, Trump é chungo de carallo porque vai pór no seu goberno a creacionistas e ultracatólicos que cren no home do espazo e falan co seu anxo da garda…
Ah, non, que ese foi Rajoy nomeando entre outros a Jorge Fernández Díaz.
Vaia. Pero si que Trump é chungo de carallo porque é un machista que vai por aí dicindo que as mulleres inventan falsas acusacións de violacións e malos tratos, cambia traballo público por sexo ou vai metendo bolígrafos nos escotes das xornalistas…
Ah, non, que eses foron León de la Riva, Baltar e José María Aznar.
Boh, si que é chungo, e moito, e vai ter acceso aos segredos e á maquinaria do Estado para investigar os disidentes e rivais políticos…
Ai, non, que ese foi o ministro do Interior español…
Trump é tan chungo de carallo que resulta que é un populista, como Syriza e Podemos.
E circulen.
Sobre as pequenas “twitliortas” que estou tendo ultimamente, a miña reflexión.
Creo que un votante de Anova e eu compartimos o 99,9% do ideario. Ou case. E tamén vos digo que eu aceptaría o programa de Anova cos ollos pechos. Sinceramente creo que á inversa tamén pasaría. Facede o exercicio, que eu xa o fixen.
Agora ben, cústame aceptar máis todo o ideario e o discurso de Podemos e de algúns dos seus dirixentes. Así o expreso cando teño ocasión. E un de Anova, se o mira polo miúdo, tamén, creo, sobre todo cando se fala de algunhas cuestións. Exemplos:
A mí lo que me importa es que haya una sanidad pública para todos, que se esté atendiendo en catalán, en euskera, en galego o en castellano para mí es una cuestión secundaria. (Pablo Iglesias nunha entrevista para El País, 17 de xaneiro de 2015)
Ou:
Iglesias: «Podemos es la mejor garantía de la unidad de España»
A última twitliorta veu por afearlle a un senador de En Marea militante de Podemos o feito de falar e escribir só en castelán. Díxeno: para min que a política galega se realizase en galego foi unha conquista. Con imposturas, si, pero unha das poucas conquistas que tivo a normalización lingüística nos últimos 40 anos. Non criticar isto sería, para min, unha renuncia, outra máis sobre a lingua. E xa van moitas.
Pero o que non entendo é que cando criticas Podemos haxa xente que pense que estás atacando Anova / En Marea, que se sinta ofendida ou atacada e despois dun intercambio de pareceres chegan algunhas frases que xa se me repetiron máis dunha vez: “Estás equivocándote de inimigo”, “Normal que o critiques porque ti non os votaches” ou “es un resentido do BNG”.
Quen me coñeza persoalmente sabe que son unha persoa crítica, comigo e co que milito / participo. Tampouco son dos que anda por aí chamando traidores e disidentes aos demais: cada quen fai o que quere segundo o que pensa e cre, e aí nada teño que dicirlle. A maior parte dos meus amigos non vota o que eu, e non só sigo tomando as cervexas con eles, senón que seguen sendo os meus amigos. Que cousas.
Ao que quero chegar é a algo que expresou mellor @sara_te:
Non pasa nada por facer autocrítica: é un bo exercicio.
Se se fai esa autocrítica e aínda así seguimos a discrepar, daquela non teño nada que engadir. Pero eu sigo pensando o mesmo, nesta twitliorta ou noutras que xa tiven.
Unha vez contáronme que en Irlanda do Norte distinguías as casas dos católicos das dos protestantes polas xanelas. Mentres os últimos tiñan as persianas abertas ou simplemente non tiñan, os primeiros, todo pechado. “Para que non vexas o que pasa na casa”, concluíu.
Non sei se é verdade mais nesas andamos por aquí. Agochamos as nosas miserias coas persianas pechas mentres ollamos polo pecho da porta con quen chega o veciño a estas horas da noite. Para despois contalo no bar.
“O Manolo anda paseando o parrulo cunha páxara fóra do niño”
O que non contas é que ti tamén o fas.
Non coñecía ao tal Julio Rey até onte e menos se consideraba que Riazor era unha puta. Aló el.
Incapacítao iso para xogar no Real Club Deportivo da Coruña? Hai debate. O dictame xa o ofreceu o club.
Os guruses do social merda advirten: “ollo! Todo o que publicas nas redes sociais pode saírche caro”. E o Julio, se o descoñecía, acaba de sabelo.
Somos todos moi dignos. E en Twitter aínda máis. Podemos cagarnos no xefe cos amigos no bar, pero ai de publicalo no Tuister!
Camiñamos cara a unha sociedade de merda. Non o din os guruses, que o digo eu. Porque isto vai máis alá de se un tipo pode vestir unha camisola branquiazul. Aquí hai cousas que se están vulnerando: Non podemos agora pedir perdón polos nosos actos pasados? Non temos dereito de réplica? Sabiamos hai 3 anos que ía pasar o que hoxe pasa no tuister? E aínda máis, non podemos cambiar de opinión?
Pois non: forca, guillotina e ao carallo.
Pero dicía: isto vai máis alá. Estase establecendo como normal rebuscar no lixo para botarcho á cara. Isto pasoulle a unha “figura pública”, pero que pasa cos cidadáns anónimos? Cagarte no Corte Inglés hai 3 anos invalídate para ser un bo traballador do Corte Inglés?
Si, é demagoxia, o Corte Inglés non é o mesmo que o meu amado Dépor e todo o que queiras. Pero está pasando: se te cagaches no Corte Inglés hai 3 anos hoxe non podes traballar para eles.
E iso paréceme indignante.
Pero vós seguide pechando as cortinas. Eu prefiro telas abertas, que entre a luz.
A hipocresía, para vós.
Pois no Bar Victoria pasou que o redactor desta noticia bebeu todo o que había por beber. Doutro xeito non se explica a cantidade de inexactitudes e erros que comete. Analicemos.
A cousa comeza ben nun subtitular sublime:
Hace alusión a una pelea contra los radicales del Sporting de Gijón que tuvo lugar en Coruña el pasado febrero
E que pasou o pasado febreiro? Isto (en formato vídeo) ou isto (en formato crónica). Ou o bar é moi grande ou aí vexo unha avenida con 2 carrís por dirección e outro para aparcar. Exacto, a ronda de Outeiro á altura da Agra do Orzán, exactamente no cruzamento coa rúa Vila de Negreira. Primeiro erro.
O cántico que fai referencia o titular (“¿Qué pasó en el bar Victoria?”) emprégano si os Blues para mofarse dos Ultra Boys. Bravo polo redactor. Pero non desde febreiro de 2014. Moito antes.
Quen vai a Riazor (máis de 20.000 socios) recoñece a melodía, case un clásico. Pero se non vas ao estadio, para algo está Google. Sobre todo se estás redactando unha noticia.
Fagamos a proba. Google > que paso en el bar vicoria > buscar. Quitando as referencias aos artigos do noso querido redactor, a primeira pista aparece xa no sexto resultado e, oh sorpresa!, con data de 2009!!
O post foi publicado o 29 de decembro de 2009. Nalgúns comentarios posteriores descríbense as imaxes, especialmente este de xaneiro de 2010 e nestoutro, de maio 2012, aparece a letra, dous anos antes da pelexa a que fai referencia o subtitular. Segundo erro: non usar nin Googel como fonte de documentación.
Pero aínda hai máis. A nova en Europa Press está datada o 18/12/2014, actualizada ás 21:31:33. Pero foi publicada horas antes. Medios como La Información publicáronna (nun alarde de copypaste) ás 15:42 e non volveron editala. Grazas a iso, queda o terceiro erro: se no subtitular fai mención a febreiro de 2014, agora é 2011.
Pero además en los últimos años esa enemistad se acrecentó por motivos deportivos que tuvo su punto más conflictivo en una reyerta entre ambos grupos por las calles de Coruña en 2011. Desde entonces, los Riazor Blues se mofan de sus rivales casi cada domingo con un cántico en el que recuerdan el resultado de aquella pelea a modo de triunfo.
E así, como non quere a cousa, chegamos ao cuarto erro, onde insiste na data de 2014:
Los incidentes del Bar Victoria tuvieron lugar en los aledaños del estadio de Riazor el pasado 16 de febrero. Con ambos equipos en segunda división, hasta Coruña se desplazaron miles de seguidores asturianos para presenciar el partido de su equipo. Radicales de ambos conjuntos se enzarzaron en una batalla callejera
Como colofón a esta obra magna do xornalismo de investigación, chega a teoría (quinto erro) de por que os seareiros do Xixón e do Dépor non teñen boas relacións: o Pacto de Llanes. Si, Xixón e Santander asinaron un pacto de non agresión, pero desde antes, desde que eu lembre (e levo 22 temporadas seguidas indo a Riazor), os Ultra Boys nunca foron benvidos.
Conclusión: para falar, hai que saber. E se non sabes, documéntate cando menos
Se hai un discurso que se está a repetir estes días en medios de comunicación é ese que denuncia que “a política non ten cabida do deporte” ou “hai que quitar a política das bancadas”.
Pero a realidade que coincide co tempo con esta loita contra a “politización” no deporte non podía ser máis evidente. En pouco máis de dez días haberá eleccións para a presidencia da Federación Galega de Fútbol. Na loita, dúas persoas: o actual presidente Liñares e o aspirante Louzán.
Liñares é presidente desde hai case 4 anos (marzo de 2011) mais, tras de si, contémplao unha longa traxectoria na política. Hai 22 anos encabezou unha moción de censura contra o alcalde do seu partido, o PSdeG, que o levou a facerse co bastón de mando do Concello de Cerceda, cargo que a día de hoxe ocupa. Tamén foi deputado provincial de Deportes e deputado na Deputación da Coruña en diferentes mandatos.
O seu rival non queda atrás. En 1995 foi elixido tenente de alcalde do seu concello, Ribadumia, tras presentarse ás eleccións municipais dentro das listas do Partido Popular. Ese mesmo ano é elixido deputado da Deputación Provincial de Pontevedra pola comarca do Salnés. En 1996 asume unha das vicepresidencias da institución, e o 12 de xullo de 2003 foi elixido presidente. Dentro do seu partido, en 1998 foi elixido secretario de organización do Partido Popular na provincia de Pontevedra e en maio de 2000 pasou a ser presidente provincial.
A máxima representación do fútbol galego terá un presidente activo e con forte actividade política dentro do Partido Popular ou do PSdeG. Con todo, se baixamos aos equipos, a realidade non é diferente.
O principal exemplo está na casa. Augusto Joaquín César Lendoiro foi presidente do R. C. Deportivo desde o 13 de xuño de 1988 ao 21 de xaneiro de 2014. A metade do seu mandato, 12 anos, combinou a súa faceta deportiva coa política, unha actividade que abandonou coincidindo no tempo coa profesionalización da súa actividade no Deportivo.
A súa actividade política non foi menor: foi concelleiro polo Partido Popular no Concello da Coruña desde o 10 de xuño de 1987 ao 13 de xuño de 1999. En Madrid, foi tamén senador durante uns meses (do 29 de outubro de 1989 ao 26 de febreiro de 1990) e deputado 2 anos (do 28 de xuño de 1993 ao 26 de setembro de 1995). A nivel galego, foi secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia do Partido Popular e, como colofón á súa carreira política, presidente da Deputación Provincial da Coruña de 1995 a 1999 dentro do mesmo partido.
Na banda de Lestrove que é isto do fútbol galego, tamén temos o exemplo de Horacio Gómez Araújo, presidente do R.C. Celta desde 1995 a 2006. En 1999 o Partido Popular anunciouno como fichaxe estrela (que acabaría sendo ra) para as seguintes eleccións municipais. Estaría só dous anos como concelleiro en Vigo mais tamén como vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (de 1999 a 2001).
Horacio e Lendoiro non son casos illados de exemplos de relación directa entre política e equipos de fútbol senón 2 máis nunha ampla lista. Sexan equipos históricos, sexan máis modestos, a relación entre política e equipos de fútbol é abondosa frutífera. Por poñermos só 4 exemplos:
Lupe Murillo é actualmente a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, foi concelleira do Partido Popular entre 2007 y 2011.
Isidro Silveira é presidente do Racing de Ferrol desde hai case 20 anos. O seu nome figurou como como cabeza de lista polo Partido Popular ao Concello de Ferrol en 2002
José Luis Caneda, presidente da SD Compostela durante 15 anos, foi militante do Partido Popular e chegou a probar sorte na política como candidato independente.
Hai un ano morría presenciando un partido o presidente da Unión Deportiva Somozas, Manuel Candocia, pero tamén alcalde, primeiro independente e despois polo Partido Popular do Concello das Somozas desde 1979.
Nota extra: Eduardo Lamas
A día de hoxe, Eduardo Lamas continúa a ser presidente do Hockey Club Liceo. Foi concelleiro polo Partido Popular no Concello da Coruña, coordinador da Área de Deportes da Deputación da Coruña (1987–89), subdirector Xeral de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, vicepresidente da Comisión Nacional de Deportes do Partido Popular, desde o mes de marzo de 1994, membro de Comisión Directiva do Consello Superior de Deportes desde 1999, secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia de 1991 a 2003. En 1998 foille concedida a “Medalla de Prata ao Mérito Deportivo.
Feijóo esta semana insistiu que “a violencia e o deporte son incompatibles”. Un destacado militante do seu partido, Eduardo Lamas ocupou onte o lugar de honra no Palacio de Deportes da Coruña, na semana en que foi condenado por violencia de xénero.
Conclusión: non é que a política non teña cabida no deporte. Está no deporte. A que non ten cabida é a que non sexa a súa política.
Que teñen en común Pachi Lucas, Gerardo Crespo, María del Carmen Canel Crespo, Héctor Cañete, Luis Alberto Álvarez Freijido, Odilo Martiñá, Milagros Vázquez Reino, Yoanna Castro García, Abdeslam Joaquim Amezian, Sergio Diéguez, Natalia Abeal Figueroa, Patricia Dopazo Guntín, Sonia Gómez Eira, Pío Santos Movilla, Alicia Cordeiro Padín, María Dolores Pérez Martínez, Paloma Sobrino Butragueño, Rosa María Triay López e Patricia García González? Fácil: están imputados na trama Zeta.
Pero estes, que teñen en común con Ángel Currás, Conde Roa, Ángel Espadas, José María Tutor, Javier Manuel Reguera, Estrella Roca, Adrián Cordero, Jorge Dorribo? Comparten militancia? Quente, moi quente!
Pero se a eles sumamos outros nomes como Francisco Rodríguez, Francisco Fernández Liñares ou Ángel Rivas esta premisa non se cumpre pero seguen mantendo un trazo en común definitorio. Mellor dito, dous:
O primeiro é que nos roubaron a todos.
O segundo, que falan español.
Si: algúns medios seguen dando como clave nunha investigación aquilo de que “el ladrón de Esgos era violento y hablaba gallego” pero omiten esta verdade que por obvia non deixa de ser elocuente: os que nos rouban a todos, os que nos estafan, os que viven no poder facéndose agasallos e favores, todos, absolutamente todos, falan en español.
Mudemos o prexuízo: se ve alguén de garabata, repeinado e falando en español, desconfíe. É probábel que sexa un ladrón.
Parece unha premisa disparatada? Pois os de garabata, repeinados e que falan español levan séculos dicindo iso de que “el gallego es de incultos” e non houbo persoas máis cultas en Galiza que Castelao, Otero Pedrayo, Pondal, Manolo Rivas, Suso de Toro, Curros Henríquez, Rosalía de Castro, Isaac Díaz Castro, Agustín Fernández Paz…
Así que xa saben: o español en Galiza é a lingua dos ladróns, dos corruptos, dos prevaricadores, dos amigos dos presidentes, dos conseguidores e demais fauna que leva séculos gobernándonos, roubándonos e facendo que teñamos os indicadores socio-económicos que temos.
Fonte da imaxe: Wikipedia
A “Constitución Que Nos Demos Todos Os Españois” contén dous mantra-artigos:
Constitución Española. Artigo 1.2
La soberanía nacional reside en el pueblo español, del que emanan los poderes del Estado.
Constitución Española. Artigo 92
1. Las decisiones políticas de especial trascendencia podrán ser sometidas a referéndum consultivo de todos los ciudadanos.
2. El referéndum será convocado por el Rey, mediante propuesta del Presidente del Gobierno, previamente autorizada por el Congreso de los Diputados.
Tamén ten máis artigos. Até 169, así como 4 disposicións adicionais, 9 disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e unha disposición final.
Un é xeitoso:
Constitución Española. Artigo 117.1
La justicia emana del pueblo y se administra en nombre del Rey por Jueces y Magistrados integrantes del poder judicial, independientes, inamovibles, responsables y sometidos únicamente al imperio de la ley.
Somos constitucionalmente estritos… para o que hai que selo, claro. Porque don Francisco Pérez de los Cobos, presidente do Tribunal Constitucional, foi militante do Partido Popular en 2011, á vez que figura nos chamados Papeis de Bárcenas. O que se di independente-independente. Un botón de mostra dun caixón dunha mercería:
Andrés Ollero Tassara: deputado polo Partido Popular nas III , IV , V , VI eVII lexislaturas
Enrique López y López: habitual relator nas charlas e conferencias da FAES
Pedro González-Trevijano: tamén colega dos da FAES
A lista completa, con filiación, feitos e obras, nesta ligazón.
Tamén hai outro artigo que é a repanocha:
Constitución española. Artigo 96
Los tratados internacionales válidamente celebrados, una vez publicados oficialmente en España, formarán parte del ordenamiento interno. Sus disposiciones sólo podrán ser derogadas, modificadas o suspendidas en la forma prevista en los propios tratados o de acuerdo con las normas generales del Derecho internacional.
Por que é a repanocha? Pois porque España ten asinados algúns pactiños e convenios deses que supoñemos se leron antes de rubricar. Máis que nada porque o artiguiño anterior estabelece o seguinte:
Constitución española. Artigo 95
La celebración de un tratado internacional que contenga estipulaciones contrarias a la Constitución exigirá la previa revisión constitucional.
Un dos tratados rubricados é ben senlleiro, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (asinado por España en 2009). O seu primeiro artigo é toda unha declaración de intencións:
1. Todos los pueblos tienen el derecho de libre determinación. En virtud de este derecho establecen libremente su condición política y proveen asimismo a su desarrollo económico, social y cultural.
2. Para el logro de sus fines, todos los pueblos pueden disponer libremente de sus riquezas y recursos naturales, sin perjuicio de las obligaciones que derivan de la cooperación económica internacional basada en el principio de beneficio recíproco, así como del derecho internacional. En ningún caso podrá privarse a un pueblo de sus propios medios de subsistencia.
3. Los Estados Partes en el presente Pacto, incluso los que tienen la responsabilidad de administrar territorios no autónomos y territorios en fideicomiso, promoverán el ejercicio del derecho de libre determinación, y respetarán este derecho de conformidad con las disposiciones de la Carta de las Naciones Unidas.
Ante isto, caben dúas interpretacións:
Que non lemos o pacto e asinamos polo que dirán.
Que, dado que a Constitución non se modificou, e que a propia Constitución no artigo 95 di iso de “La celebración de un tratado internacional que contenga estipulaciones contrarias a la Constitución exigirá la previa revisión constitucional”, por tanto, o dereito de autodeterminación é constitucional.
A Constitución é interpretábel. Que non che vendan a moto de que só hai unha forma de entender a Carta Magna. E que non che digan que é inconstitucional un referendo como o catalán porque hai un cristo niso das interpretacións das xerarquías.
Xogo de agudeza visual: Que teñen en común estas dúas fotos?
A resposta primeira é evidente: os políticos, e por tanto casta, da imaxe pertencen á mesma formación, Podemos, e chámanse, de arriba a abaixo, Pablo Iglesias O Bo (non confundir con Pablo Iglesias o Malo) e Juan Carlos Monedero, ambos amigos, profesores universitarios e residentes en Madrid.
A resposta segunda, non tanto. Poden ser fotos dunha calidade ben escasa. Poden ser fotos onde os seus protas están en poses máis que finxidas, irreais ou carentes de naturalidade. Poden ser o que queiramos. Mais son, sobre todo, un incríbel éxito de comunicación política.
Non, non toleei. A diario, os e as políticos deste país e do Estado tiran milleiros de fotos: nun cole, con pais, con forzas vivas e con forzas mortas, con bispos, sen bispos, con Contadores e demais vitoriosos e suorosos deportistas. Pero todas, ou case todas, pasan sen pena nin gloria polas redacións xornalísticas e morren nos correos electrónicos de redactores e nos flickrs dos partidos.
Estas, en cambio, non. Son auténticos memes, produtos de consumo viral nas redes sociais, con capacidade de reproducirse ad nauseam, ata o infinito e máis alá.
“E que máis dá se fan que nos riamos deles?” Dirás. ERROR! O meme ten unha capacidade poderosísima: criar cultura, criar referencias. Copipasteando a Wikipedia:
Por analoxía coa agrupación xenética nos cromosomas, considérase que os memes tamén se agrupan en dimensións culturais, incrementábeis con novas adquisicións culturais. A gran diferenza é que, mentres os cromosomas son unidades naturais independentes das nosas accións, as dimensións culturais son construcións nosas. Así, a cultura non é tanto un conxunto de formas conductuais, senón máis ben información que as especifica.
Fan que, se Merkel e Rajoy dan un paseo en Lavacolla, fagan CHAS e apareza Pablo Iglesias ao seu lado:
Fan que te quedes coa súa cara:
Porque, quen cona coñecía hai só uns meses a Juan Carlos Monedero?
En definitiva, conseguen o que para outros gabinetes de comunicación política é imposíbel de conseguir:
https://www.google.com/trends/explore#q=juan%20carlos%20monedero%2C%20pedro%20s%C3%A1nchez&geo=ES&cmpt=q
https://www.google.com/trends/explore#q=juan%20carlos%20monedero%2C%20pedro%20s%C3%A1nchez%2C%20pablo%20iglesias&geo=ES&cmpt=q
Damas e cabaleiros: collan os flocos de millo, acomódense e benvidos á política meme.
Fonte da imaxe: wikipedia
Sobre o torques de Burela
Un cativo, José creo que lle chamaban, andaba alindando (1) o gando como outro día calquera. Non era nin a primeira vez que alí estaba nin ía ser a última. O de sempre, vaia. Salvo que ese día non foi como sempre. Algo que relucía chamou a súa atención.
Arre carallo!
Colleuno e buliu polo padriño, que tamén andaba alindando noutro pasto próximo.
Arre carallo!
Os dous alindadores, padriño e afillado, nunca viran cousa tan linda. Disque dourada, disque grande, ben grande. Disque pesada. Case dous quilos.
-E que será? preguntou José.
-Para min que é a asa dun caldeiro. Ben rara, pero ten que ser iso, sentenciou o padriño. Dime, onde a sacaches?
-De ningures. Estaba tirada no prado. Non minto, padriño! Non a roubei! Mire, mire, está moi gastada, como se levase anos aí.
-Pode ser, pode ser…
-E será de ouro, padriño?
-Haberá que mirar…
Días despois o padriño negociou cun xoieiro de Ferreira do Valadouro. A “asa” era de ouro, abofé. Ouro do bo; de mellor ouro que o val do xoieiro. Este mercoullo por uns cantos pesos, os necesarios para compralle ao afillado un traxe co que alindarse (2) para a primeira comuñón e algo máis, pero non para deixar de alindar o gando*.
A asa resultou ser un torques e o xoieiro un listo. Anos despois, pasaría a mans de Álvaro Gil, un deses ricos de antano. Dos de chisteira, traxe e puro, non. Daqueles que por veces cumprían o papel do estado. Republicano, preso na guerra civil, directivo de Zeltia, mecenas da Editorial Galaxia, da Fundación Penzol, do Museo de Lugo, membro de honra da Real Academia Galega e un sen fin de honras máis.
Pero, sobre todo, galeguista, aqueles que amaban tanto Galiza que só vivían para facela feliz. Hoxe, os ricachos non cumpren o papel do estado e os descendentes dos outros, listos como o xoieiro do Valadouro, viven para o seu bandullo. Os mais, seguimos alindando o gando, pero sen traxes lindos.
*Nota: ese disque foi o xeito en que se atopou o torques de Burela en 1945. Lina no seu momento nesta ligazón, que hoxe non funciona. Levaríana tamén na furgoneta?
Fonte da imaxe: Wikipedia