Stories by Sara García on Medium
Extracto do artigo publicado orixinalmente en: https://aquecheirapapa.com/16-revelacions-musicais-cheirer-de-2021/
crnds
CERNADAS (2021)
Revelación de Sara García
Se 2020 foi o ano da explosión da música urbana galega, do 2021 poderíamos dicir o mesmo para as renovadoras da nosa música tradicional.
É innegable que a escena musical galega vive un momento de esplendor, no que moitas artistas están a rachar barreiras entre xéneros e mesmo tamén o telón de grelos, xirando por todo o Estado e aparecendo nas grandes listas de éxitos nacionais. Como cantaron os Verto, nos 70 O Tren estaba no Top 1 nacional, e no 2021 atopamos cancións de Ortiga, Baiuca ou Grande Amore entre as mellores do ano para revistas de referencia como Rockdelux. Por non falar do fenómeno Tanxugueiras, batendo récords en plataformas dixitais, superando cancións de recoñecidas artistas internacionais e só por debaixo do mítico All I want for Christmas is you de Mariah Carey.
Mais dentro de este ano dourado para a música galega e en galego (como xa dixeron as compañeiras de VINTE ) houbo unha pequena gran revolución que destacou entre todas: a dun panorama musical influenciado polo seu folclore. Proxectos como Moura, Peña, Momboi, MounQup ou mesmo BFlecha, aínda que en diferentes graos, atoparon nos seus últimos lanzamentos un vínculo coa tradición.
Un dos últimos e mellores exemplos desta fornada musical foi crnds, cuxo primeiro disco CERNADAS se converteu nun novo fito dentro da fusión electro-folk ou folktrónica que abandeira desde hai un par de anos Baiuca, pero levándoa a outra dimensión. Unha máis escura e espectral, mestura orgánica de melodías electrónicas que lembra a artistas como Oneohtrix Point Never ou Arca , con cantos de seitura, muiñeiras vellas ou xotas recollidas en Santa Comba.
Se ben é certo que a fusión da música tradicional galega coa electrónica non é unha corrente nova, pois xa foi iniciada décadas atrás por artistas como Mercedes Peón ou Projecto [‘Trepia], o achegamento de crnds supón un certo grao de innovación neste diálogo entre tradición e vangarda. Conectando os alalás dos cantos populares que se manteñen vivos en pandeireteiras como Fransy González e de informantes como Erminda Miramontes, co noso presente musical dixitalizado de samples e auto-tune.
Sen dúbida, este disco debut é unha das grandes revelacións musicais do ano, e mostra da grande calidade da materia prima que pode achegar a nosa música tradicional para a creación musical contemporánea.
Capa de ‘Cernadas’.
Publicado orixinalmente en ‘Nós Diario’ (2021): https://www.nosdiario.gal/articulo/musica/alalas-samples-sintetizadores/20210507135559121064.html
Cernadas é o primeiro álbum en solitario de crnds, alias do compositor e produtor coruñés Alberto Cernadas. Ademais do seu apelido, o nome de cernadas é un topónimo galego referido á queima dun terreo para sementar nel algún cereal. Non en van, na portada do disco e no vídeo elaborado por Álvaro Chior aparece rexistrada unha queima de millo. Un imaxinario visual que tamén xira arredor da cinza e os ritos tradicionais nos que era usada, explicitada na imaxe do primeiro sinxelo do disco, ‘Santa Sabina’, unha xota recollida e interpretada pola pandereteira Fransy González.
O disco, integramente gravado e producido por crnds no seu estudo, conta coa colaboración doutras artistas da música tradicional galega como Tania Caamaño, dos grupos Samarúas e PanSenFron, e coa voz da informante Erminda Miramontes, quen tamén participara no primeiro disco de Leilía. O músico coruñés xa tiña traballado con outros artistas vinculados ás músicas de raíz como Cibrán Seixo ou as catalás Clara Fiol e Sandra Monfort a través do selo discográfico Lindisfarne, do que é fundador o propio crnds.
Dende a primeira escoita a Cernadas resulta evidente que é un disco que tenta explorar novos territorios musicais partindo da tradición, como tamén fixeron outros referentes galegos na fusión de música tradicional coa electrónica como Mercedes Peón ou Baiuca. Porén, e envolto se cadra nun estilo máis experimental, o achegamento de crnds vai dende o sampleo de material sonoro de arquivo á integración de patróns rítmicos de xotas e muiñeiras na linguaxe tímbrica da electrónica.
O emprego da voz é unha das grandes innovacións do disco, cun tratamento abstracto e híper dixital en cortes como ‘Plor’ ou ‘Fume’, combinado co clasicismo do canto tradicional en ‘Alalá de Seitura’, aínda con efectos vocais, ou ‘Santa Sabina’, cun autotune utilizado da mellor forma posible. Voces que se confunden nunha nube de filtros e capas sonoras nas que se utiliza tanto instrumentación clásica -harmonio e guitarra- e percusión tradicional -bombo e pandeireta-, como sintetizadores e recursos da síntese granular que logran confluír con éxito os ritmos tradicionais coa electrónica de club. Un grato exemplo disto serían os temas ‘013’ e ‘Boa’, onde as caixas de ritmos danzan de maneira sorprendente ao ritmo da muiñeira.
Este diálogo entre a electrónica máis experimental e as melodías tradicionais galegas é o que consegue proxectar crnds neste interesante debut, conectando os alalás dos cantos populares que se manteñen vivos na memoria de informantes como Erminda, co noso presente dixitalizado de samples e sintetizadores.
Foto: Celia Eiras
Publicado orixinalmente en ‘Balea’ (2020): https://balea.gal/musica/o-ano-da-explosion-da-musica-urbana-galega/
O ‘trad’ das Tanxugueiras encheu a Sala Capitol cun dos espectáculos máis cautivadores que podemos ver hoxe en día enriba dun escenario en Galicia
Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro son Tanxugueiras, un novísimo trío que leva percorrendo escenarios desde 2016 facendo vibrar a cada vez máis xente coa súa forma de interpretar a música tradicional. En 2018 publicaron o seu disco debut Tanxugueiras, que lles permitiu levar a súa música por todo o país nunha xira extensísima e tamén internacionalmente por Cuba, a India, Suíza ou Glasgow, o que as convertiu nunha das bandas revelación do novo ‘trad’ galego.
Aínda que xa oíra falar delas desde hai un tempo, como oínte cheguei un pouco a destempo. Non foi ata o derradeiro concerto da súa ‘Xira Tanxugueiras’, no pasado San Froilán -ou sexa, outubro de 2019- cando as vin en directo por primeira vez. Non puiden deixar de miralas en todo o concerto. Quedei prendada coa forza e o empaste que teñen estas tres mulleres cando xuntan as súas voces e pandeiretas. Pero o que máis me alucinou foi ver a rapazas de dezaseis anos e máis peques arrexuntadas na valla cantando os seus temas. Fora un concerto moi entrañable, tocaba despedirse dalgunhas cancións e da banda que as acompañou nesa xira por máis de 100 escenarios.
Un mes despois daquel concerto, Tanxugueiras sacan Contrapunto e rachan en certo modo co anterior. Manteñen as percusións de Isaac Palacín. Agora só hai gorxas e mans batendo coiro. Algo que contrasta co seu primeiro traballo, cunha produción instrumental cargada de guitarras, baixos e acordeóns. Con este segundo álbum, Sabela, Aida e Olaia evolucionan cara un son propio, volven á música máis tradicional e dótana de arranxos actuais sen perder de vista a raíz tradicional que fai medrar a súa proposta. Trátase ademais dun disco conceptual, estruturado por pares de temas que amosan o lado bo e malo da vida. Unha concepción que se deixou notar tamén nos novos directos do grupo, cun repertorio que comeza polas cancións máis íntimas e serenas e que vai subindo de intensidade ata despregar todo o poderío de Contrapunto en escena.
Presentárono o pasado 2 de febreiro na Sala Capitol, despois de levalo con anterioridade por Mos, Burela e Celanova. Ao chegar á Capitol topámonos cunha cola propia das grandes ocasións, desas que recorren toda a rúa da sala facendo incluso curva coa seguinte rúa. Para engadirlle máis nerviosismo e emoción á cita, comunicábannos que se colgaba o cartel de entradas esgotadas. As tres músicas congregaron a preto de 800 persoas que as arrouparon neste novo espectáculo, que gaña agora en potencia e teatralidade mais sen perder a naturalidade e o punto festeiro polo que as coñece o público.
A previa ao concerto estivo amenizada por un invitado especial: Xabi Aburruzaga e a súa agrupación folk, que abriron a festa a partir das sete e media. O músico vasco presentaba o seu disco Bost, no que colaboran as propias Tanxugueiras en dous temas. Como é lóxico, non interpretaron estas cancións: había que xerar toda a curiosidade e intriga para as estrelas da noite. Para dar paso ás Tanxugueiras tocaron a popular Muiñeira de Chantada, que conseguiu levantar a toda a sala.
Mentres o público agardaba impaciente polas pandeireteiras, o escenario, iluminado con tres focos, comezou a cubrirse de fume. A expectación non podía ser maior. Deseguido aparece proxectado o nome de Tanxugueiras. Saen a escena completamente a escuras elas e o percusionista Isaac Palacín. Soa a voz en off dunha señora que asegura que ela viviu o que contan as cancións de Contrapunto. “Este é o recorrido da miña vida, como tantas outras, unha vida chea de contrapuntos”.
Foto: Celia Eiras
Comeza Maltraer. As campás que soan ao inicio do tema son seguidas dun xogo de luces oscilante no que os tres focos de luz se van movendo dunha tanxugueira a outra con cada badalada. As tres cantoras, ataviadas cunhas elegantes capas negras, interpretan a canción cunha solemnidade que o público acolle en completo silencio. Regresa a iluminación ao palco e entran tres tamborileiras máis un gaiteiro. Interpretan Autocracia ao ritmo dunha marcha mentres as Tanxugueiras cantan a historia de como sacaron a un preso a “pasear”. Cos efusivos primeiros aplausos, o cambio de vestiario: as tres quítanse a capa e amosan uns vestidos negros con transparencias e botas militares. A súa propia versión das saias e das zocas que se asocian coa vestimenta tradicional.
Tras presentar aos músicos e agradecer o cheo na Capitol, deseguido interpretaron Que non mo neguen. Con ela metéronse a toda a audiencia no peto, que coreou con forza e co puño en alto o estribillo “Son muller forte e libre”. Xunto con Non cho sei, Ai a ribeira e Oleró -na que subiu a tocar a banda de Xabi Aburruzaga-, os únicos guiños que fixeron ao anterior traballo das Tanxugueiras.
Continuaron con pulso firme coa tenra nana Miña nena, que se acompañou dun contrabaixo e co seu canto á sororidade Irmandade, que dedicaron emocionadas á súa amizade. Bo bocado para seguir con O querer, tema co que o escenario -iluminado ata o momento con tons azuis e vermellos- se tinguiu de cor verde para poder cantar “río verde río verde”. Neste novo directo Tanxugueiras contan unha historia e para iso contan cun deseño de luces e unha posta en escena que vai acorde co que están cantando.
Chegados a este punto da actuación -no que fixeron un alto para valorar a súa traxectoria e acollida do novo disco-, os que poboaban a sala estaban totalmente entregados e corearon con ganas os últimos temas. Perfidia o primeiro. “Temazo!”, berrou alguén ao comezo. Con Desposorio o público repetiu a capela o estribillo. Logo a impresionante conxunción de voces de Albedrío. E para finalizar, cun xogo de luces frenético deron paso a Malquerenza, unha das cancións do ano (ao menos, nesta casa). Quedaba o bis Miña mai, coa intensidade das pandeiretas e querendo homenaxear a todas as mulleres que mantiveron coa transmisión oral a cultura galega.
Foto: Celia Eiras
Mentres a audiencia as despedía entre aplausos infinitos, Tanxugueiras cantaron un popurrí con algúns dos seus temas nunha versión reggae que volveu levantar a Capitol. Poñendo así o peche a un concerto que conseguiu que sigamos falando del ao saír.
En Galicia lévase conxugando a tradición coa modernidade desde fai moito tempo. Hai xa máis de dez anos e antes de Baiuca, propostas decididamente vangardistas como Mercedes Peón, Ecléctica Ensemble ou Projecto [‘trepia] levaron ao século XXI cantos tradicionais ao mesturalos con samples e instrumentos electro-acústicos. Á versión do ‘trad’ que interpreta Tanxugueiras atribúeselle o mérito de renovar o xénero para as xeracións máis novas, convertindo a música de raíz nunha sorte de pop galego capaz de enganchar cunha xeración á que lle faltan estes referentes.
A xente que sempre viu a música tradicional como algo alleo agora estase achegando a ela co que é pura tradición. O directo das Tanxugueiras é esencialmente hora e media de pandeireta e voz; renovador, si, e ao mesmo tempo, próximo á raíz. Ademais teñen un público moi interxeracional: nenos e nenas, xente nova, señoras maiores que seguro que sería a primeira vez que ían á Capitol… É algo bonito de ver nos concertos. De feito, están facendo algunhas presentacións pola tarde para que poidan acudir familias. Achegando tamén así estes sons a un público que doutro xeito non podería vivilo en directo.
En breve poderemos velas en Oleiros, As Pontes, Cangas, Vilalba ou Monterroso, e proximamente novas localidades e palcos. Tanxugueiras chegan para situar a música tradicional galega en novos escenarios. Quen sabe se nos de O Son do Camiño ou Portamérica. Se non puideches velas, non as perdas na seguinte cita porque o espectáculo que artellaron Aida, Olaia e Sabela é posiblemente o máis cautivador que hoxe en día se pode ver enriba dun escenario en Galicia.
Foto: Celia Eiras
Foto: Rocío Cibes
Publicado orixinalmente en ‘Balea’ (2022): https://balea.gal/musica/asi-e-a-xira-midas-o-esperado-novo-espectaculo-de-tanxugueiras/
Logo do Benidorm Fest e todo o rebumbio mediático, as Tanxugueiras regresan aos escenarios coa súa esperada nova xira ‘Midas’, que arrancaba o pasado sábado 26 de marzo na Sala Pelícano da Coruña cun éxito rotundo. As cantareiras encheron ata os topes a famosa discoteca herculina, con capacidade para 3.000 persoas, na que foi a primeira parada dunha xira que fará soar a música tradicional galega por grandes festivais e salas de toda a península.
Certo é que desde o comezo da súa ‘Xira Contrapunto’ xa esgotaban entradas, pero claro, agora a exposición é moito maior. Se nos din hai dous anos, cando as vimos na radiante presentación do seu segundo disco Contrapunto, que estiveron a piques de ir a Eurovisión e que as veríamos en festivais como o Crüílla ou Río Babel compartindo espazo con artistas como C. Tangana e Lola Índigo, quedaríamos con cara de parvos.
Neste ano 2022, Aida, Olaia e Sabela viron cumprido o seu soño de empuñar as súas pandeiretas en palcos e escenarios inimaxinables. A convicción coa que emprenderan aquela exitosa xira de Contrapunto, un álbum redondo que xa exploraba os límites da música tradicional, vese consolidada nesta ambiciosa ‘Xira Midas’ na que a música e o baile tradicional, a potencia das súas voces e pandeiretas e os ritmos urbanos son os protagonistas dun espectáculo definido e contundente.
A foliada na Pelícano daba comezo pasadas as 22:00 horas ante un público que devecía por ver ao grupo galego do momento. Probablemente un dos concertos aos que fun no que máis ilusión e nerviosismo se notaba no ambiente. Unha cita á que non faltaron tanto os seguidores que xa as coñecían antes do seu periplo eurovisivo como todos aqueles novos que trouxo esta odisea. Un séquito de fans que, por certo, continúa a ser bastante interxeracional: nenos e nenas coa pandeireta na man, adolescentes, xente moza e adulta, e mesmo parellas de anciáns como unha que había diante nosa nas primeiras filas do concerto.
Foto: Rocío Cibes
O inicio do espectáculo ‘Midas’ arranca coa escoita dun canto de arrieiro na voz dunha señora maior (continuando coa voz en off que abría ‘Contrapunto’) e un foco que ilumina a batería electrónica de Iago Pico, ataviada de sintetizadores e caixas de ritmo. De xeito inesperado, a voz da cantareira remata por fusionarse co canto reverberado de Iago Pico sobre un vocoder. Deseguido fai a súa aparición Isaac Palacín aos mandos da percusión tradicional; e ámbalas dúas baterías, nunha mostra da convivencia do tradicional e o contemporáneo, comezan a soar enerxicamente ao unísono. Finalmente, Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro, por esa orde, regálannos a súa entrada triunfal bailando uns puntos de muiñeira entre os aplausos e vítores dun público afervoado.
O grupo inaugura o concerto con esta atraente intro para despois dar paso a dúas cancións inéditas que formarán parte do seu terceiro e novo traballo discográfico, ao que non lle queda nada para saír do forno. Tras elas, ‘Telo’ e ‘Averno’, na que colabora o rapeiro Rayden. Soan épicas, con moita forza. Dando conta da versatilidade de Tanxugueiras con sons máis próximos ao trap e á electrónica pero apegados á tradición.
Con ‘Malquerenza’, ‘Perfidia’ e ‘Albedrío’, o trío continúa repasando algunhas das pezas que as trouxeron ata aquí, e nas que o baile tradicional tamén cobra presenza da man dos bailadores Fran Sieira e Artur Puga, que xa acompañaran a Tanxugueiras na súa actuación no Benidorm Fest e no videoclip de ‘Midas’.
Seguidamente, as pandeireteiras introducen un bloque de cancións máis puramente tradicionais, só con voz e percusión, encabezadas polo seu tema ‘O Querer’ e máis unha xota e unha muiñeira do repertorio tradicional coa pretensión de amosar e enganchar á xente nova no noso folclore. “Somos mulleres, galegas, pandeireteiras e de aldea”, manifestaron con orgullo desde o escenario. “Isto é o que somos e seremos sempre Tanxugueiras, e queremos ensinarvos este pedaciño da nosa música tradicional”, engadía Olaia antes de interpretar esta selección de pezas que bebe dunha tradición conservada por centos de mulleres cantadoras e tocadoras en Galicia.
Mulleres como as Pandereteiras de Mens, “labregas, vellas, vestidas de negro, do rural” (como recolle Beatriz Busto no seu recente libro sobre o grupo), as primeiras en subir aos escenarios e que levaron a música galega polo mundo nos anos 70 e 80. E cuxo legado recolle agora Tanxugueiras. Abrindo de novo a porta da visibilización a unha estirpe histórica de mulleres que tocaban co puño pechado e trasladando tamén esa homenaxe ao negro do vestiario, cor centenaria na vestimenta tradicional feminina, a través da súa atrevida actualización dos traxes de gala tradicionais en clave moderna.
Feita esta digresión, volvemos ao concerto cun dos momentos máis emotivos da noite, que veu cos temas ‘Miña nena’, interpretado marabillosamente a capela, e especialmente ‘Cambia todo’ (a súa colaboración con Muerdo), que levou ao público a acender as lanternas dos seus móbiles para acompañalas, conseguindo sacar bágoas ás artistas.
Foto: Rocío Cibes
Transcorrida case unha hora de concerto aparecen algúns dos seus temas máis bailables e festivaleiros, como é o caso de ‘Coda’, próximo ao dub e o reggae, e un tema inédito que fala do amor libre e os dereitos LGBT e que adquire unha sonoridade máis popeira, mais servíndose da lírica e da métrica das coplas tradicionais.
Chegamos así ao tramo final do espectáculo, no que as artistas interpretan todos os seus adiantos publicados en 2021 e cos que empezaron a medrar en popularidade grazas a uns atrevementos formais que lles permitiron chegar a un público máis amplo.
Os asistentes enlouquecen coa aparición da primeira estrofa de ‘Midas’, que cantan case toda a canción xunto ás Tanxugueiras, que despregaron toda a súa forza vocal e escénica acompañadas dos seus bailaríns. E é que se algo destaca do seu novo show é o baile, con coreografías e movementos moi traballados que reflicten a esencia da tradición e o influxo urbano da nova música das “Tanxus”. Mesmo hai un interludio coreografiado que recorda a Rosalía, pero sempre inspirado no baile tradicional (a colocación dos brazos non é baladí), e que axuda a que o concerto flúa dunha forma máis natural ao pop.
Tras este interludio o grupo desvela outro tema inédito, con percusións máis achegadas á rumba ou a música latina, cantando ao recoñecemento da diversidade e liberdade de todos os corpos. Amosando, como tamén fixeron as Faltriqueira, as Habelas Hainas, as Aliboria e as precursoras Leilía, que as pandeireteiras poden representar grandes himnos feministas.
Despois de facer unha saída de escena para facer ao público pedir os bises, o trío de pandeireteiras despediuse por todo o alto entoando ‘Figa’, o tema que conquistou aos eurofans e que deu comezo ao fenómeno Tanxugueiras. Botando finalmente a sala abaixo coa xa mundialmente coñecida ‘Terra’, que contou ao final da actuación cun remix propio e alternativo da peza coa que Tanxugueiras demostraron que “veñen pra quedar”.
Mentres a audiencia as despedía entre fortes aplausos e algún aturuxo, soaba de fondo unha mítica de Mercedes Peón. Unha referente que, como explicaban as propias Tanxugueiras nun chío, elas “camiñan” porque outros “xigantes” coma Mercedes Peón, Leilía, Xabier Díaz ou Guadi Galego o fixeron antes.
Cumpriría facer ao respecto unha reflexión sobre a importancia de figuras referentes na cultura que a sociedade galega, e en particular a xente nova, demanda. Precisamente, nun recente encontro organizado por Mercedes Peón e outras tocadoras, “Somos Pandeireteiras”, sinalábase a falta de referentes como unha das causas na ruptura da transmisión da tradición oral e a desvinculación da mocidade con esta e coa cultura e lingua propias.
Nese sentido, o conseguido por Tanxugueiras é dun valor enorme. Pois ademais de achegar a nosa tradición musical a moita xente e moi nova, están a conectar tamén cunha xeración á que lle faltaba música en galego capaz de competir co mainstream. Estar dentro do comercial, do que se fala nas redes, nas radios e nas televisións ou mesmo nos estadios de fútbol supón unha normalización case inaudita até o momento. E iso é o que precisaba a música galega, estar en grandes escaparates.
O traballo que con tanto mimo levan facendo as Tanxugueiras e o seu equipo durante estes anos ten como resultado o vivido na Sala Pelícano da Coruña e no Auditorio Mar de Vigo, onde milleiros de persoas presenciaron xa os primeiros dos máis de 60 bolos confirmados que teñen as pandeireteiras para este ano. Actuando en citas como o Zeid Fest, SanSan, Río Babel, Crüilla, SonRías Baixas ou BioRitme. Chegando a eventos que posiblemente nunca pensaran en tres mulleres pandeireteiras no seu programa. Demostrando que a música de raíz pode ter a mesma consideración e proxección que outras músicas actuais. Volvendo converter, en definitiva, a música tradicional en música popular.
Por todo isto, a ‘Xira Midas’ destaca por marcar un fito para a música galega, non só por levar as nosas raíces musicais a grandes escenarios alén das nosas fronteiras, senón por ser dos poucos grupos en galego con presenza en grandes festivais. Tanxugueiras consolídase, así, como unha das máis exitosas formacións da música galega. Un fenómeno musical de noso que está a abrir unha nova etapa e que apunta a unha exitosa década dourada para a nosa música.
Foto: Rocío Cibes
Artigo publicado orixinalmente en ‘Balea’: https://balea.gal/musica/maria-arnal-i-marcel-bages-expanden-o-seu-clamor-ao-futuro/
A irrupción, primeiro con Verbena (2016) e, despois, con 45 Cerebros y 1 Corazón (2017), de María Arnal i Marcel Bagés foi un dos fitos musicais máis destacados e celebrados na historia recente da música estatal. A súa persoal e vangardista aproximación ás coplas tradicionais –e tamén á memoria histórica– é xa un referente recoñecido entre os chamados renovadores do folclore no estado español, onde podemos citar artistas tan dispares como Rodrigo Cuevas, Le Parody, Baiuca, Tanxugueiras ou Califato ¾. Un folclore que leva xa un tempo reinventándose e ofrecéndonos as propostas musicais máis interesantes do panorama actual, pero que aínda non estaba preparado para o que María Arnal i Marcel Bagés logran en CLAMOR (2021).
Dous anos e medio despois dunha exitosa e extensísima xira co seu primeiro longo, o dúo catalán volve co que era para moitos o disco máis agardado do ano (síntoo, pero o hype a El Madrileño duroulle exactamente unha semana). Un novo disco pouco ou nada compracente co seu predecesor, que lonxe de repetir fórmula ou de esquecerse da tradición, Arnal e Bagés tratan de explorala desde unha sonoridade nova e experimental, onde as bases electrónicas –xa presentes en 45 Cerebros y 1 Corazón– teñen agora un protagonismo primordial, pero sen deixar a esencia da canción popular e sen renunciar ao seu lirismo pop nin ao discurso crítico que os caracteriza.
A través de CLAMOR, María Arnal i Marcel Bagés logran elevar a fusión de folclore e electrónica a outro nivel, creando unha sonoridade propia e característica que eles mesmos deron en chamar “pop mutante”. Non en van, no disco faise un retrato musical da fraxilidade humana e doutras formas de vida, da capacidade de transformación en tempos de crise nun planeta en mutación (ou en xaque, como di a canción). E faino a nivel coral, unindo voces que imaxinan outros mundos posibles e que acaban levando a ese clamor que titula o disco a través de once temas nos que Arnal e Bagés abandonan o seu dueto a voz e guitarra para adentrarse nun mundo de sintetizadores e voces múltiples coa imprescindible produción de David Soler, o terceiro do dúo como o define Arnal.
“Volver a empezar de nuevo, aunque el viento sople de cara, si hay tempestad habrá calma, volver a sentir el fuego…”. Co propósito de renacer das propias cinzas arrinca ‘Milagro’, a canción que abre o disco e se cadra a máis continuísta con 45 cerebros y 1 Corazón, pero igualmente espléndida. Dos poucos temas, ademais, nos que logramos distinguir as guitarras distorsionadas de Marcel, que cabalgan e se funden coa sólida e arrebatadora voz de María nunha das pezas máis melódicas do álbum.
Tras ela veñen unha serie de temas cunha instrumental máis pop, bañada de matices electrónicos e beats contundentes que guían a sonoridade desta primeira metade do disco, máis luminosa e lírica. Con arreglos que nos fan entrar nun trance ata levarnos por ese terceiro sendeiro do que fala a letra de ‘Ventura’, o de “decir quiero, atreverse al deseo”. Un desexo que esperta con ‘Fiera de mí’, o primeiro single e un dos cortes máis popeiros do disco, a súa cara máis xoguetona e irónica, na que o grupo indaga na sensualidade e o carnal apelando á nosa animalidade interior; preguntándose “¿quién quiere ser humana?” nun mundo perdido polo “clic do capital” e en plena crise do Antropoceno.
https://medium.com/media/f25b762b87e873bfee69ff67e1b3fe8b/href
Precisamente desa vontade de apertura a outras voces, todo o que segue no álbum é un ascenso progresivo cara un mundo de ciencia ficción. Para isto, o grupo introduce distintas gravacións de campo (mantendo a tradición de 45 Cerebros de traballar con arquivos), desde cantos de aves ou baleas, rabaños de cabras, o murmurio dun río, coros litúrxicos e outras sonoridades procedentes do espazo exterior, como o son dun meteorito cruzando a atmosfera desta galaxia mediana. Como se todas as voces do universo que cantaban en ‘Tú que vienes a rondarme’ fosen agora todas estas voces que se escoitan en CLAMOR. Como se María Arnal i Marcel Bagés nos pedisen que prestemos atención aos sons dun planeta que nunca quixemos oír.
En ‘Meteorit ferit’, un dos catro temas en catalán, atopamos unha sobria e fermosa progresión melódica que conduce a voz de Arnal a un rexistro máis doce e sensible. A súa letra conéctanos con todo o que se sente vulnerable, para clamar finalmente pola esperanza de “canviar la llei futura”. Moi pertinentemente, escoitamos ao final da canción unha campá, que podería ser o anuncio dese meteorito ferido que cae ou a propia advertencia dun mundo que está morrendo. Un presaxio sobre a fin dos tempos que chega coa impresionante actualización do canto litúrxico tradicional ‘Cant de la Sibil·la’, moi estendido por todo o Mediterráneo e no seu momento interpretado pola cantante mallorquina Maria del Mar Bonet.
Nesta nova adaptación, a Sibila –personaxe da mitoloxía grega que predicía o futuro e que o cristianismo converteu na portadora do xuízo final–, para Arnal e Bagés non trae a apocalipse, senón a revelación –o seu significado orixinal–, pensando a fin do mundo máis como un renacemento ou transformación. Un concepto que o grupo trasladou á música rexistrando o canto nun ambiente naturalista, para dalgún modo devolver á Sibila o seu carácter profano, gravando a voz de María Arnal no medio dun campo no que escoitamos chocas de cabras e outros sons da natureza, que darán paso a unhas emocionantes voces a capela aumentadas coa tecnoloxía de Intelixencia Artificial da produtora norteamericana Holly Herndon.
Teño que dicir que me parece dunha audacia enorme utilizar xustamente neste tema o traballo de procesado electrónico de música vocal tradicional que fai Holly Herndon, o cal tivemos a sorte de oír en vivo no último WOS Festival. E fano tamén en colaboración do outro dúo catalán Tarta Relena, aportando cos seus coros celestiais a experiencia sobrecolledora que ofrece este canto, empregando e elevando a voz como instrumento, como nas grandes coplas populares. Sen dúbida un dos momentos máis singulares e catárticos do disco.
A partir de aquí, o álbum vaise adentrar nun terreo máis denso e escuro, inspirado en artistas como Thom Yorke ou Arca atreveríame a dicir, pero mantendo esa esencia do tradicional. Atopamos a transición instrumental ‘Murmuri’, que esta en concreto fíxome lembrar a Mica Levi polo espectral dos arreglos de corda disonantes, e que vai levar á catártica ‘Tras de ti’, con Morphosis Ensemble amplificando coa súa atmosfera electroacústica os potentes sintetizadores de Marcel e a inquieta e sentida voz de María, nunha preciosa maneira de cantar que se sente como unha tonada.
Entre os momentos máis sorprendentes de CLAMOR tamén se atopa a canción ‘Jaque’, coa participación do célebre cuarteto de corda estadounidense Kronos Quartet, que acompañan xunto ao piar dos paxaros e unha forte e prolongada percusión electrónica, á reivindicativa voz de Arnal, que proclama insistentemente a “alzar a voz” polo “florecemento do mundo”.
E finalmente todo devén nun tramo final portentoso, no que o disco abraza por completo, e sen complexos, o seu lado electrónico. Cunha abundancia de sintetizadores na fábula de ‘El gran silencio’, do relato homónimo de Ted Chiang, e elaborados ritmos que buscan un clímax que culmina en ‘Hiperutopía’, con guiño a ‘Hyperballad’ de Björk e aos hiperobxectos de Timothy Morton, onde a voz entrecortada de María Arnal se lamenta por “totes les coses que no sé com explicar” ata fundirse nunha intensa distorsión sónica que remata na ambiental ‘Alborada’, con cantos de baleas e capas sonoras rondando o industrial.
Clamores1 que resoan como a badalada final que pecha o disco, que repica por unha perda colectiva (como as campás das Catedrais Silenciadas de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre). Pero que tamén abren ventás á esperanza. Porque na súa acepción, alborada significa un novo amencer; a luz dun novo día que se filtra entre a escuridade. E necesitabamos (moito) que María Arnal e Marcel Bagés puxesen luz á escuridade.
1Clamor, ademais dun conxunto de voces, é un toque de campás que avisaba da morte dun veciño.
© ALEX RADEMAKERS / FINA ESTAMPA
Como vimos, neste novo álbum hai moita investigación sonora. Alén da súa incursión nun pop máis electrónico, gañando complexidade e matices con loops e atmosferas que xa tiñan explorado nos seus directos; o grupo consegue conxugar con éxito voces humanas, arcaicas e artificiais, con non humanas, animais e astronómicas, que se unen á voz de María Arnal nunha sinfonía coral universal.
Pero hai tamén moitas referencias literarias e filosóficas. Do Manifesto Ciborg de Donna Haraway a Irene Solà e o seu Canto jo i la muntanya balla; pasando pola aposta contrasexual de Paul Preciado. E nesta última referencia diría que conectan co traballo doutra renovadora da música tradicional como Mercedes Peón, en cuxa peza ‘Ela Propón’, a través do que di Preciado, poderíamos atopar certas similitudes con ‘Fiera de mí’ e a súa intersección entre animalidade e liberdade sexual.
Por suposto, isto son apreciacións miñas. Interesante ler ao respecto este texto de José Luís de Vicente, investigador cultural que colaborou man a man con María e Marcel para desenvolver todas estas ideas detrás do disco.
Sexa como sexa, CLAMOR é a confirmación dun proxecto musical único no pop estatal e mesmo internacional, “pop mutante”, como o chaman eles, partindo da tradición para facer algo moi persoal e á vez marcar un novo rumbo na música de vangarda que virá.
Dá a sensación de que o primeiro disco miraba cara atrás, e este, porén, mira cara adiante. Incluso unha canción tan antiga como o Canto da Sibila –nos albores do ano mil–, ábrenos ao porvir. E é porque María Arnal e Marcel Bagés saben, e así é como a conciben, que o sentido da tradición non é outro que entender de onde vimos para proxectarnos ao futuro.
2020, o ano da explosión da música urbana galega
Chegou a hora de falar da actual escena emerxente de música urbana en Galicia. Todo o que hai que saber e quen son os protagonistas desta nova onda musical
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Ama Befana, FØ Records, O Portughés e Sleepy Spice.
Artigo publicado orixinalmente en ‘Balea’ (2021): https://balea.gal/musica/o-ano-da-explosion-da-musica-urbana-galega/
É innegable que o 2020 foi un ano que todas e todos queremos esquecer, mais dende Balea gustaríanos recordalo polo que pagou a pena. Alén das nosas habituais listas de final de ano, vemos conveniente resaltar o 2020 como o ano no que a música urbana deixou de ser unha novidade para converterse nun xénero establecido no noso país, no que saíu á luz unha grande colleita de publicacións de discos, sinxelos e videoclips que, se cadra polo parón da pandemia, moitos ficaron sen a difusión que merecen.
Dentro de toda a oferta musical que houbo neste último ano en Galicia, o ‘urbano’ marcou a diferenza postulándose como un dos xéneros máis prolíferos e escoitados. Foi case imposible escapar da “Muinheira de Interior” de Boyanka Kostava e do “Oie Gayego” de Verto, chegando ao primeiro posto dos temas máis escoitados nalgunhas provincias, ou desa colaboración estrela entre Mundo Prestigio e Grande Amore, entre outros moitos artistas que retumbaron nos nosos altofalantes durante os últimos 12 meses.
Xa non debería sorprender a ninguén o auxe da música urbana no mercado da música actual. Un termo que adoita empregarse para englobar xéneros como o reggaeton, o trap, o hip hop, o R&B e un sinfín de xéneros e estilos que se entrecruzan pero que representan, cada un coas súas particularidades, diferentes construcións culturais.
É por iso que se orixinou un debate arredor desta etiqueta tan abarcadora como homoxeneizante e que hoxe en día semella algo obsoleta. Dende medios musicais como Remezcla, que insta a deixar de usar esta categoría, ata declaracións por parte de artistas como Tyler The Creator na última entrega dos premios Grammy, ou a realidade no noso propio país coa categoría Músicas urbanas dos Premios Martín Codax da Música, que acolleu no último ano propostas tan dispares como son entre si Kaixo, Mundo Prestigio e Laura LaMontagne e Pico Amperio.
Mais este é un debate aparte que se queredes retomamos outro día. Eu polo de agora, ao menos para este artigo, vou empregar o concepto urban para falar deste tipo de música, no que os límites entre xéneros están cada vez máis desdebuxados e ao que chegan artistas que intentan fuxir doutras etiquetas como é o caso do trap, por exemplo.
Kaixo é un deses artistas urbanos que para desvincularse das etiquetas creou a súa propia, o new-punk. O vigués é dende hai varios anos unha das figuras máis destacadas desta escena galega. Cofundador do colectivo Banana Bahía Music, separados no 2020, e organizador das festas trap Overdose en Vigo e Santiago, durante o último ano Kaixo publicou un par de sinxelos e tomou unha dirección musical máis acorde ao punk estreándose á fronte de YOUCANTHIDE, o seu novo grupo con Kings of the Beach. Esta actitude máis punk do urban é compartida por outros artistas da escena como o tamén vigués Lokker, que aposta por menos autotune e máis atmósferas próximas ao rock para acompañar as súas letras nihilistas.
En paralelo, foi agromando en Galicia unha pequena escena con moita variedade en canto a sonoridade e diversidade de artistas. Sad Damn Hosse Lean e Delaría Squad (O Grove), FØ Records e C Mirazo (Negreira e Brión), Los Buenos e Ola Perdida Squad (O Salnés e Vigo), Burgas Vandal e La Pepa & Rich Bitch (Ourense), Ama Befana (Compostela), son algúns dos expoñentes do novo trap galego, alén dos xa consolidados como Kaixo ou Boyanka Kostova. Aínda que algúns deles, de novo non teñen nada.
https://medium.com/media/cdb20681b94d9198bcc44345e3f6ce59/href
Sen contar aos vigueses Banana Bahía, considerados pioneiros do trap estatal (arquitectos sonoros de Agorazein e Sticky M.A. e C. Tangana en solitario), os comezos do trap galego (e en galego) remóntanse aos anos 2015 e 2016, cando artistas como Chave de Carballo (C Mirazo), Colly Cliff de Barreiros Gang (da Mariña de Lugo), Ola Perdida ou Boyanka (sen dúbida foi a cara máis visible do fenómeno), comezaron a facer música trap con aquelas sonoridades que viñan dos Estados Unidos, dándolle identidade galega.
Unha identidade propia cun imaxinario que pode diferir do que se ten no resto do Estado: dende a cosmovisión rural e retranqueira nalgúns temas de Boyanka Kostova e FØ Records, á temática do narcotráfico presente en Sad Damn Hosse Lean e O Portughés. Mais, por suposto, saíndo tamén deses estereotipos. Así, moitos destes artistas urbanos fan un autorretrato do local, trasladando á música os gustos e rutinas propias da mocidade galega con algúns elementos máis ou menos representativos desta, como pode ser o Xabarín Club, o amor pola verbena ou a noite universitaria, hoxe confinada pola pandemia e que mesmo intentaron recrear a golpe de reggaeton.
As colaboracións entre eles tamén son parte do éxito desta escena galega. Moitos artistas xúntanse entre eles para producir cancións xuntos e sumar reproducións. Unha das súas marcas é precisamente esa irmandade: facer colabos e mostrar tamén nas letras a súa admiración cara outros artistas, sobre todo aos que consideran referentes.
Boyanka Kostova soando na disco (Rebolando x ti, de Verto)
Como Ortiga tesme acostumbrao (Sandungueirada, de TIAM Gz x Julia)
Moi duro no tramo con Ola Perdida (Chicane, de FØ Records con Camel B. & goodboy.Xd)
De feito, en moitas cancións os feats son os verdadeiros protagonistas; sexa Grande Amore con Ortiga, Verto ou Mundo Prestigio, ou discos repletos de colaboracións como as referencias do colectivo Los Buenos, nas que teñen participado algunhas voces femininas como Ama Befana (en Stay Out Vol. 1 de Wave B) ou Txuki Camanho (en A Fonte de O Portughés).
Aínda que existen referentes femininos (a inmensa Wöyza, por exemplo) e cada vez van aparecendo máis artistas urbanas, bótase de menos unha maior potenciación destes proxectos para acadar un asentamento na escena e que axude tamén á aparición de novas voces. Isto probablemente teña que ver coa falta de visibilidade e pouco coñecemento que se ten da música urbana en Galicia. E é por isto que escribo estas liñas. Este artigo intenta capturar esa labor: a de cubrir eses proxectos aínda descoñecidos e, á súa vez, recoñecer aqueles artistas que lograron un maior alcance.
Algunhas das voces femininas da música urbana xorden do ámbito dos movementos sociais como o colectivo Mulheres na Batida, de onde saíron artistas como Menina Arroutada co seu hip hop ecléctico ou Glitchgirl, que combina o trap con música electrónica ou o que ela chama “bacalao con gritos”. Dentro desta liña máis combativa poderíamos situar tamén á Rabela, que acaba de publicar o seu primeiro traballo, Que prenda a faísca, e que é para nós un dos traballos máis destacables do ano, con cancións que mesturan electrónica, hip hop, regueifa e música tradi.
Da mestizaxe tamén se serve a prolífica cantante viguesa High Paw, que mestura o reggae de raíz coa influencia da música urbana e o hip hop contemporáneo. Fóra deste ámbito, atopamos manifestacións máis pop en canto a son e a estética. Unha das artistas urbanas galegas actuais máis ou menos coñecidas, aínda que non lle poñamos cara, é Sleepy Spice. Sabemos dela o que pon na súa bio nas redes, que fai cancións co móbil. Nelas, atopamos sonoridades máis pop como “Outro lado”, mais tamén achegamentos ao trap en “huji hoe” ou ao reggaeton con “Abur”.
Outra que coquetea con estes sons é Mariagrep, dende un trap máis melódico e pousado ao bedroom pop con reverb. María, ademais, forma parte da banda de dani, unha artista viguesa que estreou disco en 2020 e que, xunto ao tamén vigués Sen Senra, estase a converter nunha das figuras pop máis sonadas a nivel estatal.
https://medium.com/media/1bc991a01027b1ad95be37e45e9c9743/href
Nesta liña máis pop encadraríamos tamén a Verto, o dúo compostelán que co seu primeiro álbum Puro Ocio, a medio camiño entre a música disco e o pop e tamén algo de trap, converteuse na banda sonora de miles de mozos e mozas galegas que, como canta o grupo nun dos seus temas, “todos se queixaban que faltaba isto en galego”. Outro músico da esfera urbana, que tamén colaborou con Verto, é Rhome. Este artista emerxente lanzou no pasado ano dous temas de reggaeton en galego, aínda que entre as súas referencias se atopan outros xéneros urbanos que agardaremos con interese.
Dentro desta vertente reguetoneira, atopamos propostas con letras máis incendiarias e explícitas como as de Ama Befana, coas que a artista intenta definir un universo propio caracterizado pola provocación e un estilo raxet similar ao de trapeiras como La Zowi. Befana, afincada en Compostela, converteuse no último ano nun dos nomes máis prometedores da escena actual, con temas como “3 AM” (do mellor do ano para TIUmag) e a súa adhesión ao selo La Melona co produtor Charli Gómez, a súa carreira deu un paso adiante nun xiro cara o trap e o reggaeton escuro.
Outra das mostras do reggaeton galego vén da man do rapeiro C Mirazo con temas como “Dime”, do seu EP Nada Novo. O de Chave de Carballo ofreceunos tamén no 2020 un dembow dominicano rompepistas en galego, “Dallecarabaixo”.
https://medium.com/media/313afa759bf843ba2abc412f1bd894e9/href
Aínda que o estilo de Gallego se afaste máis do trap latino, as súas influencias do hip hop da Costa Oeste americana combinadas co seu clásico freestyle, confírenlle a este artista galego unha identidade propia moi interesante. Destaca especialmente o seu EP Entre bateas pola ría, un dos tres EPs totais que sacou no 2020 xunto a unha morea de sinxelos, no cal predomina o son g-funk.
Entre bateas tamén andan os rapaces de Los Buenos, o colectivo de trap feito da unión dos colectivos Ola Perdida Squad de Caldas de Reis e The Weird Players de Vigo. Está formado polos MCs O Portughés, O Neno Basko, Wave B e Lil’ Kid, entre outros. Entre as súas referencias, o disco A Fonte do Portughés, que o confirma como unha das caras máis interesantes e capaces do urban nacional. O de Caldas, ademais de ser un habitual nas colaboracións entre rapeiros da escena, sacou en 2020 outros hits como “O vran no Salnés”, do EP homónimo con O Neno Basko, un tema de reggaeton que ben podería estar firmado por J Balvin.
Outro colectivo de trap, FØ Records de Negreira, deixou unha forte pegada na música urbana galega do 2020. Del forman parte os rapeiros og coulomb, goodboy.Xd, Puto Rumeinian, Camel B. e dramakid, que debutaron coa mixtape O club do pitillo, con 14 temas que van dende o drill e un trap máis melódico ata algún tema de reggaetón, e que incluén colaboracións con outros artistas da escena como O Portughés ou Gallego.
https://medium.com/media/2ade146db60a8ee148802f52ba2bcc22/href
Con propostas diferentes pero tamén ligadas ao urban galego, atopamos as influencias da música latina, tan en contacto coa nosa cultura como consecuencia de emigración a Latinoamérica. Alén dos habituais Ortiga e Jinetes del Trópico que arrasan nos festivais coa súa verbena moderna con ritmos caribeños, no último ano xurdiron propostas como La Buena Nueva, a banda capitaneada por Esteban (ex Esteban & Manuel) que revisita estilos latinos como o bolero, ou tamén a “Sandungueirada” dos chantadinos TIAM Gz e Julia Vázquez, cunha mestura de salsa con trap.
Coa mesma actitude pachangueira atopamos proxectos como LORA, dúo coruñés que lanzou no 2020 o seu primeiro álbum, Lorazepam, e no que animaron ao outro dúo de referencia, os Verto Temazos, a seguir explorando a súa vertente latina coa canción “Comando Sabor”.
Outro que comeza a achegarse a estes ritmos é o moañes Wanna Dee, que tras levar varios anos sacando sinxelos como “Espiral” ou “Bonitas lágrimas”, publicou en 2020 o seu LP debut OFF/me con nove temas que se moven entre o trap melódico e distintos ritmos urbanos e tropicais como o R&B e o dancehall, con producións de Sebastian Black, The Lost Beat e Underclock, entre outros.
https://medium.com/media/4af6deca45eeb5a395bd91e7f3f70eb9/href
O R&B tamén corre polas veas da tamén moañesa It’s Soul, que a través doutras influencias como o jazz e o soul, esta artista está a ofrecer un son cun estilo propio que a levou a partillar escenario con artistas como Yugen Blakrok, a principal expoñente feminina do hip hop sudafricano. Outra cara visible do soul e R&B galego, é a viguesa Luadsant. Afincada actualmente en Londres, a artista mestura os ritmos urbanos con influxos tropicais das súas raíces brasileiras. Sinxelos como “Gemini” ou a recente “Used to it” preséntana como unha das promesas máis firmes do panorama musical.
Máis fusión urbana atopámola na tamén viguesa e establecida en Londres Sila Lúa. Cunha proposta marcadamente experimental, está a ser recoñecida pola prensa internacional con apenas un par de sinxelos. Cun estilo escuro e alternativo, entre os temas que lanzou en 2020 destaca especialmente “De Balde”, no que revisita o poema homónimo de Rosalía de Castro con tintes urbanos e beats electrónicos. Un estilo que pode recordar ao de Laura LaMontagne na súa reinvención das cantigas medievais galegas con ritmos electrónicos cheos de matices e atmósferas diversas.
https://medium.com/media/379d5a0d1ce1b9989eaa69a26559a7fe/href
Sei que deixo algúns artistas polo camiño, mais a produción urbana hoxe en Galicia é tal que para falar de todas estas músicas precisaría anos. Algúns deles como Mundo Prestigio, “os superhoeres da música urbana galega” en Los Vengadores ou os dous novos EP do referente Malandrómeda, un deles reseñado aquí, xa lles seguimos a pista neste medio.
Toda esta remesa de músicas urbanas foi sen dúbida unha das bocaladas de aire máis frescas e diferentes que puidemos desfrutar en 2020 de música en Galicia. O mellor desta emerxente escena urbana é que ten o poder e o potencial de ser levada a niveis moito máis elevados e insólitos, dos que moitos destes artistas xa deron mostras levando o xénero cara camiños verdadeiramente interesantes, dende as fusións coa música tradicional e a experimentación vangardista, ata enmarcarse dentro de propostas tan particulares como o new-punk.
Déixovos unha selección con algunhas das novidades urbanas máis interesantes e orixinais que viron a luz durante o pasado ano, e que vos aseguro que merece a pena descubrir e seguir para cando ao fin volvan os concertos poidamos compartir bailes e desfrutar desta nova e diversa escena galega da que agardamos máis música e moitos éxitos no 2021.
Velaquí a playlist: https://open.spotify.com/playlist/1XV4JNAhPWiyxK59cApp6M