Sitemap

“Gongoristas everywhere”

2 min readNov 7, 2013

Non me gustaba estudar literatura española. En realidade non me gustaba estudar. Aburríanme moito as eternas peroratas de ensinantes que elevaban o funcionariado a novas cotas de automatismo cada ano. Lembro pouco daquela asignatura que impartía unha tal Dona Leonor, solteirona, que tiña “pedigree” de pequinés “cojonero”. Sí lembro, non sei porqué, que Quevedo e Góngora non se aturaban e que un prefería a forma sobre o fondo e o outro ó revés; o que se di ou como se di.

Eu sempre fun máis de Quevedo, non so por “juerguista e pendenciero”, tamén porque son moito de dici-las cousas sen adorno. Así me vai tamén.

Isto veume a cabeza porque na España da reconquista andan algo alterados desde que Albert Pla dixo que lle daba noxo ser español e que non entendía que alguén quixera se-lo.

Get Xioskhov’s stories in your inbox

Join Medium for free to get updates from this writer.

Os opinadores profesionales, eses que tanto cacarean que pertencen a xeración máis preparada, e máis desempregada, que casualidade, andan moi revolucionados polo que cualifican de tontería. Moi típico dos tan preparados xornalistas hispanos mira-lo dedo que apunta ó ceo.

Parece que é máis grave expresar unha opinión con verbas claras e sen adornos, que o significado do que se di, claro, que se estudas catro anos para facer pueriles redaccións en folletos que só serven para vender tixolas, ou traballar en televisións que son o martelo do bo gusto, a educación e a información veraz, que menos que fixarse na metáfora e no estilo, máis que no significado.

Non parece que escandalice tanto ós nosos columnistas que un de cada catro nenos hispanos sexan pobres, que a ciencia estea na uci e con prognóstico reservado, que a cultura xa fai tempo que é un cadáver que non saben onde enterrar ou que a caste política do pequeno imperio xa teña case máis imputados que ineptos, cousa que parecía imposible.

O carallo é que a poucos “tribuletes” destes de tres carreiras e ínfulas de Hemingway, ofendeu o feito da censura vergoñenta, casposa, rancia e graxenta digna da monarquía chouriceira que é esa España que tanto alaban cando gaña mundiais de fútbol, pero da que tanto aborrecen o día que se publica que a metade dos xornalistas están en paro. Por algo será, plumillas. Porque di o conto que dicía Don Francisco “hasta por el culo me conocen”.

Xioskhov
Xioskhov

Written by Xioskhov

Fundido a negro, literalmente. Miau tse tung