Sitemap

“Jesucristo, el Che y Felipe González”

2 min readMay 7, 2014

Podería ser o titulo dunha película de Almodovar, desas de “marujas” adictas ós antidepresivos e ós galáns de telenovela venezolana, pero non, é o titular dunha entrevista que a señora candidata do partido socialista tivo a ben ofrecerlle ós mangoneados electores deste cada vez menos europeo, anaco de Europa.

Eís o pesoé, coma aqueles polos descabezados que nun derradeiro intento de efémera liberdade botaban a correr despois de seren decapitados polo certeiro brazo executor de Carmen da Panadeira.

Pesoé, así lle chama o meu sogro, acentuando o e, o único que sobrevive nesas siglas, porque xa hai tempo que ese partido nin é socialista nin moito menos obreiro.

Get Xioskhov’s stories in your inbox

Join Medium for free to get updates from this writer.

Di a señora Valenciano que transitou de Jesucristo á revolución. Ela, que como moitas das elites que por desgraza padecemos, foi criada nunha clase alta e de centro, pensa que a revolución é ter unha camiseta do Che, escoitar a Silvio e a nova trova cubana e vivir convencida de que Cristo estivo máis preto dun revolucionario armado cun kalashnikov que dunha vítima do “establishment” mitificada polas posteriores xeracións que idealizaron ó home para idolatrar un pau esculpido.

Agora mesmo o pesoé é un vodevil no que se intercalan perfectamente esceas de comedia absurda, coma os continuos e esquizofrénicos cambios de opinión segundo a cor da bancada na que sentan, con personaxes totalmente fora de tempo, faltos de ideas, de moral e de ideoloxía que so aspiran a seguir vivindo dó público e a manter os privilexios da caste de actuais patricios que forman.

O pesoé, vai camiño dun desastre que só está retardando a absoluta ditadura da mediocridade que está a impoñer Rajoy no goberno, que provoca que o voto flutuante maquille a debacle. O igual que en México existe un partido que é revolucionario e institucional, o que é unha contradición, o pesoé xa hai tempo que é un oxímoro.

De Felipe non hai moito que dicir máis alá de que marcou ben o camiño destes mediocres, da chaqueta de pana e o marxismo ó traxe de armani e o neoliberalismo, do goberno ó consello de administración.

Finaliza a entrevista, pizpireta, nun arranque de (ego)centrismo pop dicindo que ela é “la chica de ayer” a que lle cantaron os Nacha pop, e máis parece que é “a chica de ayer en el partido de anteayer”

Xioskhov
Xioskhov

Written by Xioskhov

Fundido a negro, literalmente. Miau tse tung