Final
Escena 13 EXT./NOCHE PORTAL DE VICENTE
Vemos a Vicente chegando o seu portal moi preocupado leva unha bolsa ca botella na man e na outra o vaso de chupito baleiro , de repente de detrás dunha parede sae Xosé , leva un pin dunha cruz de madeira nunha man e na outra o vaso de chupito cheo de auga , detrás del vemos unhas sombras pero non hai ninguén , os pes de Xosé non tocan o chan , Xosé entrégalle o pin de madeira a Vicente , acto seguido vemos que o vaso de chupito de Vicente está cheo de auga , os pes de Vicente xa non tocan o chan e aléxase seguido por unha procesión de sombras , Xosé queda no chan con sensación de alivio e ve coma Vicente se alexa cas sombras . . . Vicente é o vivo que agora guía á Santa Compaña( Fundido en negro )
Get Xurxo Senra’s stories in your inbox
Join Medium for free to get updates from this writer.
Escena 14 INT./CASA DE XOSÉ
Xosé entra na súa casa e alí está a súa nai ambos se miran , a nai aliviada pero sabe que Vicente agora é o condeado , Xosé despois de ver como se marchaba Vicente , é consciente do que pasaba , e ten unha expresión de confusión e rabia , sabe que é libre pero non lle gusta o prezo a pagar , a súa nai o abraza e el non pode nin abrazala , primeiro plano do reloxo marca a 01 : 00 .
Escena 15 EXT./CEMINTERIO
Despois dos títulos de crédito , vemos a Xosé no cementerio , deixando sobre a lápida de Vicente un vaso de chupito mentras volve a soar a canción “Boda Negra — Ana Gabriel” está vez enteira . . .





