O español ens roba
Que teñen en común Pachi Lucas, Gerardo Crespo, María del Carmen Canel Crespo, Héctor Cañete, Luis Alberto Álvarez Freijido, Odilo Martiñá, Milagros Vázquez Reino, Yoanna Castro García, Abdeslam Joaquim Amezian, Sergio Diéguez, Natalia Abeal Figueroa, Patricia Dopazo Guntín, Sonia Gómez Eira, Pío Santos Movilla, Alicia Cordeiro Padín, María Dolores Pérez Martínez, Paloma Sobrino Butragueño, Rosa María Triay López e Patricia García González? Fácil: están imputados na trama Zeta.
Pero estes, que teñen en común con Ángel Currás, Conde Roa, Ángel Espadas, José María Tutor, Javier Manuel Reguera, Estrella Roca, Adrián Cordero, Jorge Dorribo? Comparten militancia? Quente, moi quente!
Get Iván, a.k.a @echeoqhai’s stories in your inbox
Join Medium for free to get updates from this writer.
Pero se a eles sumamos outros nomes como Francisco Rodríguez, Francisco Fernández Liñares ou Ángel Rivas esta premisa non se cumpre pero seguen mantendo un trazo en común definitorio. Mellor dito, dous:
- O primeiro é que nos roubaron a todos.
- O segundo, que falan español.
Si: algúns medios seguen dando como clave nunha investigación aquilo de que “el ladrón de Esgos era violento y hablaba gallego” pero omiten esta verdade que por obvia non deixa de ser elocuente: os que nos rouban a todos, os que nos estafan, os que viven no poder facéndose agasallos e favores, todos, absolutamente todos, falan en español.
Mudemos o prexuízo: se ve alguén de garabata, repeinado e falando en español, desconfíe. É probábel que sexa un ladrón.
Parece unha premisa disparatada? Pois os de garabata, repeinados e que falan español levan séculos dicindo iso de que “el gallego es de incultos” e non houbo persoas máis cultas en Galiza que Castelao, Otero Pedrayo, Pondal, Manolo Rivas, Suso de Toro, Curros Henríquez, Rosalía de Castro, Isaac Díaz Castro, Agustín Fernández Paz…
Así que xa saben: o español en Galiza é a lingua dos ladróns, dos corruptos, dos prevaricadores, dos amigos dos presidentes, dos conseguidores e demais fauna que leva séculos gobernándonos, roubándonos e facendo que teñamos os indicadores socio-económicos que temos.








